"Tac, tac, tac, plof" seleccionada para a Bienal de Bratislava 2017




Cada dos años se celebra en Bratislava la Bienal de Ilustración y la OEPLI, como sección española de IBBY selecciona, junto con sus cuatro secciones territoriales, para la edición de este año a 15 ilustradores/as con 24 libros reciente publicación.
BIBIANA es una prestigiosa exposición internacional de ilustraciones de libros para niños y jóvenes, organizada por el Ministerio de Cultura de la República Eslovaca, la Comisión Eslovaca de la UNESCO y la Casa Internacional del Arte para Niños, que se celebra durante los meses de septiembre y octubre.
Además de la muestra de originales, se realiza un simposio internacional de especialistas en la ilustración de libros para niños y jóvenes. En el marco de la Bienal, un jurado internacional concede los siguientes Premios a las mejores obras: un Grand Prix con un valor de 3000 $, cinco Manzanas de Oro de 1500 $ y cinco Placas con un valor de 100 $ cada una.
Los ilustradores seleccionados son: Aitziber Alonso, Albert Asensio, Roger Olmos, Leire Salaberria, Ignasi Blanch, Marina Seoane, Miguel Cerro, Xosé Cobas, Jokin Mitxelena, Pep Montserrat, Maite Gurrutxaga, Minia Regos Sanz, Xan López Dómínguez, MaGuma y Eider Eibar

Ilustración para bolsas de tela

Este foi o deseño que elixiron as Entrepedras para os seus bolsos. Natureza e Forza!!




Do lapis á tinta. Serigrafía a unha tinta sobre bolsos vermellos, negros e brancos.  










Habitantes de dous mundos.



Estas ilustracións fíxenas para unha historia que transcorre na costa de Galicia, aínda que podería ter pasado en calquera pobo costeiro do mundo.





Trata sobre unha familia, unha das moitas familias de mariñeiros que o mar separa. Eles, os homes, pasaban longo tempo embarcados nas mareas e cando regresaban xunto ós seus, facíano cargados de agasallos e emoción. 


En ocasións, coma neste conto, as relacións pai-fillo están marcadas por unha ausencia e unha atmósfera de estrañeza, pois ás veces sentimos ás persoas lonxe canto mais preto están de nós.






*****


Grafito e cor dixital.







Cartel para as Bibliotecas Escolares de Galicia

Nestes días centros de toda Galicia recibirán o cartel que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria edita cada ano co comezo do curso. Nesta edición fun a encargada de interpretar o lema co que os centros traballarán durante este ano: "Biblioteca Escolar. Territorio das Artes"





O resultado é esta ilustración, coa que quero convidar aos nenos a que xoguen a buscar as diferentes artes que conforman a paisaxe. Por eso, as protagonistas son nenas lectoras e armadas debuxantes que se lanzan á aventura da imaxinación.


Deíxovos con algúns momentos do proceso.







....................








Falando sobre libros.









Charla-obradoiro na Biblioteca Municipal de Pontecesures para os alumnos de 3º e 4º da ESO.

Tempo para observar, absorber e experimentar!


Cantigas para aprender a soñar, un libro de poemas ilustrados.





Un novo título que me encarguei de ilustrar, desta volta para a editorial embora, xa está nas librerías.
Con esta obra María Xosé gañou o Premio Arume de poesía para nenos e nenas convocada pola Fundación Xosé Neira Vilas, na súa 7º edición.

Trátase dunha edición a unha tinta que percorre durante 34 poemas os ciclos dos astros, das estacións ...  a súa influencia na nosa vida cotiá así coma a súa pegada na cultura.
Introdución a cargo de X. Neira Vilas.

Algunhas das ilustracións xa as coñecedes, déxovos cos meses de Marzo e Abril:


E a ilustración da cuberta: