Habitantes de dous mundos.



Estas ilustracións fíxenas para unha historia que transcorre na costa de Galicia, aínda que podería ter pasado en calquera pobo costeiro do mundo.





Trata sobre unha familia, unha das moitas familias de mariñeiros que o mar separa. Eles, os homes, pasaban longo tempo embarcados nas mareas e cando regresaban xunto ós seus, facíano cargados de agasallos e emoción. 


En ocasións, coma neste conto, as relacións pai-fillo están marcadas por unha ausencia e unha atmósfera de estrañeza, pois ás veces sentimos ás persoas lonxe canto mais preto están de nós.






*****


Grafito e cor dixital.